Patrocinador

Patrocinador
Patrocinador

miércoles, 31 de octubre de 2007

FALANDO DO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓN

O Sacramento da Confirmación (co Bautismo e a Eucaristía) constitúen o conxunto dos Sacramentos da iniciación cristiana.
É ben que os fieis saiban que o Sacramento da Confirmación faise necesario para fortalece-la gracia bautismal defendendo a fe, non só coas súas palabras…senón tamén coas obras.

A CONFIRMACIÓN NA ECONOMÍA DA SALVACIÓN…
Xa, no Antigo-Testamento, os profetas anunciaban que o Espírito do Señor viría sobre o Mesías, esperado, co gallo de realiza-la súa Misión.Maís, a presencia do Espírito Santo sobre Xesús (cando recibíu o bautismo de Xoán) foi o sinal deque El era o Mesías “o Fillo de Deus concebido pola obra do Espírito Santo” e que toda a súa vida e tamén a súa Misión… realízase na comunión total co Espírito Santo (que ofrece o Pai)
- Pero esta plenitude do Esparto…non debía permanecer só no Mesías, senón que tiña que comunicarse a todo o pobo mesiánico.
- En moitas ocasións, Cristo-xesús, prometeu a presencia do Espírito; promesa que realizou no primeiro día da Páscoa… e logo de forma máis expresiva no día de Pentecostés “Misterio que confirmou ós Apóstolos para falar das maravillas de Deus ante o mundo pagano.
Pedro, apóstolo, declara que esta presencia do Espírito é o sinal dos tempos mesiánicos.
Desde ese momento…os Apóstolos comunicaban ós bautizados (mediante a imposición das mans) o don do Espírito Santo destinado a completa-la gracia do Bautismo. Esa imposición foi considerada como a orixe do sacramento da Confirmación (que perpetúa na Igrexa a gracia do Pentecostés).
- Pasando os anos, e para significar mellor o don do Espírito Santo, á imposición das mans…engadéuselle unha Unción con ÓLEO CONSAGRADO (rito que chega ata os nosos días e que ilustra o nome de cristiano unxido polo Espírito Santo).
- No rito desde Sacramento é ben recoñece-lo sinal da Unción que (no simbolismo bíblico) ten moitos significados: o aceite é sinal de abundancia, alegría, axilidade, curación, purificación…
- Todas estas significacións da Unción con aceite…encóntranse na vida sacramental. Por ejemplo no Bautismo…significando purificación e fortaleza, na Unción de enfermos…expresa curación e consolo, na Confirmación e tamén no Orde Sacerdotal…é sinal dunha Consagración.
Despois da exposición, referente ó Sacramento da Confirmación”coa oferta do Espírito Santo” tan necesario para darlle sentido á vida…

A NOSA INVITACIÓN para sella-la Fe a través da Confirmación. Certo que para dar este paso esíxese un tempo de Catequese na formación cristiana…pero, tamén ese proceso é algo moi positivo, polos diversos temas que se tratan nos grupos…temas acomodados ós rapaces/as na hora de despertar a esta vida e para saber camiñar na compañía dos demais..Sen perde-lo norte “como invita Xesús de Nazaret” e tamén como decía unha nai: quero que a miña filla/o reciba unha boa formación cristiana.
Podemos decir que, desde a creación desta parroquia de Piñeiros, (Agosto do 1968) e contando coa axuda de “Catequistas da Comunidade”, cada ano temos un grupo de rapaces/as para recibi-lo Sacramento da Confirmación