Patrocinador

Patrocinador
Patrocinador

miércoles, 31 de octubre de 2007

NOSA SOCIEDADE E TOLERANZA (cando son diferentes pero non distintos)

Aínda que cada un dos grupos, dos que tentamos falar, é un caso especial, e merece un artigo único e exclusivo en cada caso; vou a escribir de todos en xeral, marxinados pola sociedade dunha o outra forma.
Vou remitirme a un dos artigos de esa Constitución, que non comparto a inmensa maioría dela, pero sí neste punto: ninguén pode ser discriminado por razón de raza, sexo, credo ou ideología, mais, se mo permiten engadaría outro por diferencias físicas ou psíquicas, que por suposto todo isto está reflexado nos dereitos humanos. Estoume referindo a esas persoas, que por ser diferentes reciben en moitos casos o rexeito desta sociedade “normal” de tolerancia cero, estas persoas que senten e pensan e padecen a incomprensión humana.
Nos casos de diferencias físicas ou psíquicas (non vou comentar se me parece boa ou mala a nova lei, habería que falar moito dela) poñémoslle todos os atrancos posibles, con barreiras arquitectónicas infranqueables no intre de favorecerlles as cousas. Dámonos conta disto cando nos toca de preto ou a nós mesmos, daquelasí, pensamos e sembramos as cousas como se poderían facer ben e como se fixeron, senón esquecemos a presa porque temos unha vocecita no noso interior chamada concenza que queremos calar o máis asiña posible.
Non e o caso da nosa vila e pobos, pero outros si o sofren como o non estar adaptados ós transportes públicos ou taxis para esta inmensa minoría de persoas, as cabinas telefónicas estáná altura de porterías de rugby en moitos dos casos, e como isto hai centos de exemplos de insolidaridade e de esquecemento na nosa sociedade.
Poderíanse escribir milleiros de artigos sobre disto, e aínda así non concienciaríamos á sociedade do que se ten que facer.
No caso de deficientes psíquicos, moitas veces con coeficientes intelectuales elevados, atopan moitos problemas na súa educación, non teñen nin centros, nin medios, nin persoal cualificado, e no caso hipotético que o atopen, serán privados no que nada máis poderán acceder un grupo determinado de persoas polos precios exorbitantes destes lugares, e decir, poñémoslle freo e atrancos, unha vez maís, a un sector da nosa sociedade¿quen sabe que poderían ser nun futuro vindeiro estas persoas cunha educación especial?
Por outra banda témolos emigrantes, que se xogan a vida por acadar o sono do estado de benestar, non son diferentes por vir doutro país, falar noutro idioma ou ter outra cultura, nin pola raza ou cor do coiro, ¿saben a qué se deben as diversas cores? A cor depende dunha sustancia chamada melanina, segundo a cantidade désta eres máis branco ou máis negro; por, certo nós carecemos case dela, e un defecto nos fai “superiores”, eche así a vida, unha broma pesada da naturaza creou semellante balbordo e xenreira racial.
As idiosincrasias entran a debate, cal é mellor e peor, ou si debemos adaptarnos nós as súas costumes ou eles ás nosas ¿non poden convivir ámbalas duas xuntas? Aprendendo unhas das outras e escollendo o mellor de cada cal para crear unha sociedade mellor entre todos. ¿Acaso en Galicia non tivemos emigrantes?nunha ou noutra época sairon da nosa Terra para acadar algo, e en moitos casos só para poder subsistir, foron eles os que fixeron medrar socio-política-economicamente a nosa nación ata chegar ó que é hoxe, abrindo os ollos e as portas a Europa.
Nós tratámolos como seres inferiores, e fitámolos con desconfianza, facémoslle vivir en condicións infrahumanas, no canto de abrirlles as portas e ¿porqué non aprender deles? Teñen moitas cousas interesantes que aportar ás nosas vidas, eles teñen sentimentos.
En todos estes casos e moitos outros como: a homosexualidade(outro eterno debate de si ou non, incluso algúns queremos facer pensar que trátase dunha enfermidade mental, e outros van máis lonxe, din no prazo no que o curarán, en fin é o que hay que escoitar), drogas, malos tratos ou violencia de xénero(no que teríamos que pensar no que estamos a fallar na educación para que acontezan tantos casos dentro das familias e fora delas nos colexios e rúas), miseria e pobreza(sonche outro cantar moito mais complicado e unha vez mais debido á insolidaridade). Co permiso de Shakespeare na súa obra Otelo, para min resume todos estes casos, cando Otelo que e xudeo reivindica a igualdade do seu pobo e costumes.
Probemos no canto de vir ou facer comentarios ofensivos ou sinalar co dedo, facerlles o contrario, sacarlles os atrancos que poidan atopar no camiño da vida e facerlles a súa estadía un pouco mais levadeira, ou polo menos igual co resto dos mortais, ou acaso queremos convertir a nosa sociedade noutra Esparta, na que a lei da selección natural consistía en que calquera que fora distinto ou tivera calquer tara eran arroxados por un acantilado, ou quizás coma os nazis, na cos xudeos foron desposeídos de todas as súas posesións incluso da súa vida, por pensar distinto, ter outra relixión, en fin polo de sempre, por ser diferentes ¿queremos converter a nosa sociedade niso e aprenderlles ás xeraciós vindeiras ás xenreiras por ser diferentes?, penso que non, podemos tentar evitar que isto aconteza de novo, solo cun pouco de solidaridade, de comprensión e de respecto mutuo, unámonos todos e perdamos un pouco de tempo e poñer o noso grao de area para que esta toleranza tróquese en intolerancia cero.

Francisco Javier Campos