Patrocinador

Patrocinador
Patrocinador

miércoles, 31 de octubre de 2007

A S C M

No ano 1987 nace a Asociación Sociocultural de Minusválidos (ASCM), creando un camiño cara á integración plena das persoas con algún tipo de discapacidade.
Nesa data, a ASCM instalou a súa sede en Ferrol, na rúa Fernando VI, bl. 2, baixos 18-19.
A ASCM é un órgano con personalidade xurídica propia que vela polo cumprimento duns dereitos inherentes á persoa discapacitada recollidos na Declaración Universal sobre Dereitos Humanos e na nosa Constitución Española.
En xaneiro do ano 2005, inaugúrase una Delegación da Asociación no Concello de Narón, na Estrada de Castela nº 256, baixo; e, na actualidade, conta ademáis con delegacións nos concellos de Ares e Cedeira.
O órgano directivo da entidade é a súa Xunta Directiva, composta por:
Presidente: D. Ángel Gárate
Vicepresidente: D. Manuel Varela Salorio
Secretaria: Dna. Lucía Pérez Pereira
Tesoureiro: D. Álvaro Illobre Saavedra
Vocais: Dna. Gudalupe Soto e D. Antonio Casas
O ámbito de actuación da Asociación é de carácter provincial e conta cun total de, aproximadamente, 1700 socios/as.

Un equipo de traballo formado pola Xunta Directiva, Socios/as, Voluntarios/as e Persoas traballadoras da ASCM, participaron na elaboración do I Plan Estratéxico da ASCM, cun alcance bianual (2007-2009) coincidindo co XX aniversario da ASCM



A Asociación Sociocultural de Minusválidos mantén a siguiente visión:
Ser un referente para as persoas con discapacidade na promación da vida independente
Estar consolidada como punto de encontro e participación
Estar en constante aprendizaxe para afrontar os cambios que require a xestión interna e o dinamismo crecente do entorno
Ter maior estabilidade na financiación

A ASCM ten como fins máis importantes os seguintes:

1.- Actuar dentro de calquera das seguintes áreas:
- educación
- cultura
- deportes
- sanidade
- cooperación para o desarrollo
- promoción da muller
- protección da infancia e da 3ª idade
- fomento da economía social
- promoción do voluntariado social
- promoción e atención as personas con discapacidade en risgo de exclusión por razóns físicas, sociais, económicas ou culturais e outros de similar natureza.
2.- Desenvolver e defender os dereitos das persoas con algún tipo de discapacidade.
3.- Promocionar e apoiar ás personas con algún tipo de discapacidad e ás personas voluntarias.
4.- Sensibilizar e concienciar sobre a problemática do colectivo de discapacitados e sobre o voluntariado social.
5.- Promover actividades de todo tipo encamiñadas a cubrir as necesidades das persoas socias e das personas voluntarias, así como dirixilas a conseguir recursos para cumplir cos fins fundacionais.
6.- Promover a Integración Socio Laboral das personas con algún tipo de discapacidade.

Dende a Asociación Sociocultural de Minusválidos trabállanse temas relacionados coa accesibilidade, a igualdade de oportunidades, a formación e a información, o emprego, a cultura, as novas tecnoloxías, o voluntariado, o transporte adaptado, os deportes, o tempo libre, etc.