Patrocinador

Patrocinador
Patrocinador

miércoles, 31 de octubre de 2007

O VALOR DA “ ALMA ” HOXE

Entre os temas a tratar neste Nº. Da Mareta….alguén dixo que: nunha tertulia, a través da Radio…falaban “do valor da Alma”, e parece que alguén da tertulia afirmaba que a “alma” está tan diluida…. que moitos non se acordan que a teñen. (Claro que, coa presencia de tanto ruído, opinións e prensa)…debemos preguntarnos:
¿Qué valor lle damos hoxe á “alma”?

A persoa humana, creada á imaxe de Deus…. é un ser corporal e tamén espiritual (querida por Deus).
Na Sagrada Escritura, o termo “alma” sinala a vida humana (Mt.16, 25) pero, tamén sinala o que hay no máis íntimo e de máis valor na persoa (Mt. 10,28).
* “Alma “significa o principio espiritual na persoa.
* Ó corpo da persoa é corpo humano porque está animado pola “alma”
* É toda a persoa humana quen está destinada para ser Templo do Espírito-Santo.
* A unidade (da alma e do corpo) é tan profunda… que se debe considerar á “alma” como a forma do corpo.
* Na persoa (o espírito emai-la materia) non son dúas naturezas unidas… senón que a súa unión constitúe unha única natureza.

A Igrexa ensina:

* Que cada “alma-espiritual” é creada por Deus (non é producida polos pais)
* Que é inmortal (porque non morre cando morra o corpo).
A veces quérese diferenciar entre “alma i espírito”. Así…San Paulo, suplica para que o noso ser enteiro”espírito, alma e corpo” sexa conservado sen mancha ata o final.
Pero, a Igrexa di que esta distinción non introduce unha dualidade na “alma”.
“Espírito” significa que a persoa está destinada… desde a súa creación ó seu fin sobrenatural…e que a súa “alma” é capaz de ser elevada á Comunión con Deus..

Por tanto…

Necesitamos poñerlle “alma” ás nosas palabras e obras (a veces fálase de persoas…sen “alma” e sen corazón…. cando non lle dan sentido á vida).
Logo, polo que se refire “ó valor da alma” debemos ter presente que:
· Se valorámo-la persoa…temos que valora-lo principio espiritual na persoa que é a “alma”.
· Se valorámo-lo noso corpo…temos que valora-la forma de noso corpo que é a “alma”.
· Máis, o noso corpo é corpo humano…porque está animado pola “alma-espiritual” (que non morre cando morra o corpo porque é a imaxe de Deus).
- sen olvidar que: o que máis vale…non é o que temos, senon…a quén temos (que é Deus).


Julio Ladra