Patrocinador

Patrocinador
Patrocinador

miércoles, 31 de octubre de 2007

Que hai despois da ESCOLA DE TEATRO DE NARON?

Oscar Rodriguez e un ACTOR que rematou a sua formación nesta escola
(Foto dunha escena da obra de “aforro ordinario”, Oscar con Alberto Suarez)

Hai unhas semanas que a Escola de Teatro de Narón abriu as súas portas para dar inicio ao novo curso. Este é o primeiro ano do que ti xa non formas parte do alumnado. Que sensación te produce?
-Quédame unha sensación de nostalxia; son moitos anos de escola, desde antes de tivera o formato actual, cando eran obradoiros de teatro. Tamén engadiría unha sensación de baleiro cando te das de conta que non vas volver, a par dun inmenso agradecemento por todo o aprendido sobre o oficio e sobre a vida incluso.
Que foi o que te levou a enfocar a túa vida cara o teatro? Por que, no seu tempo, decidiches matricularte na Escola?
-A verdade é que desde neno xa me marabillaba vendo cine, sempre anhelaba facer eu o que estaban a facer eses actores e actrices. Pero co paso do tempo deixei un pouco apartada esa ilusión e ía dedicarme a outra cousa, até que unha noite de festa, coido que unha noite de San Xoán, unha amiga comentoume de apuntarme a teatro, e a min como me gustaba a rapaza pois lle dixen que si. Co tempo descubrín o que é o teatro e encantoume, namoreime del . Posteriormente, cando tiven máis formación, tomei a decisión de dedicarme por enteiro a isto.
Fálanos da túa formación. Sénteste preparado para comezar a túa andadura polo teatro profesional?
-Si, eu creo que si, síntome coa capacidade de facer cousas a nivel profesional, sempre disposto aprender en tódolos niveles . Por sorte este é un mundo onde os coñecementos son infinitos e sempre te queda a sensación de necesitar máis e máis. Eu creo que debe ser común entre os actores e actrices, a necesidade de aprender máis. Sería a morte do actor ou actriz dicir que xa se ten todo sabido.
Na vosa derradeira montaxe de Escola, a primeira promoción tivestes como director a Javier Yagüe. Como resultou a experiencia?
- Magnífica. É un gran director e unha gran persoa. Foi unha montaxe Express , tiñamos un mes para preparar unha función e non era un texto fácil, tiña unhas personaxes complicadas e con moito que sacar delas. Eu en particular sempre penso que non me chega o tempo; pero a verdade e que fixemos un bo traballo, a equipa técnica, a dirección, o elenco... Todos e todas traballamos moito e estou satisfeito co resultado. En cuestión de traballo foi o máis profesional que fixen como actor.
E das outras montaxes da escola, cal é a túa predilecta?
-Dereita Esquerda. O texto encantounos a todos e todas, escribiuno José Luís Prieto e é un texto marabilloso e moi divertido. A verdade e que esa montaxe foi emotiva por moitas razóns. Recibimos premios no certame de Ribadeo, fomos a un encontro de escolas en Valencia que organizou unha escola de alí que se chama Escalante. A representamos en galego e a verdade e que tivo bastante éxito, a pesar de que tivemos que facer substitucións dun día para outro porque parte do elenco enfermara. É a montaxe da que teño máis recordos.
E agora en que estás a traballar?
Pois traballo como monitor de teatro a nenos e nenas, e aínda que a docencia me gusta, teño máis predilección pola interpretación, dirección e dramaturxia. E ben, tamén estou traballando nun espectáculo que dirixe Luís Ramos na compañía amadora “Oquetiqueiras” onde colaboro como axudante de dirección. Tamén espero, como non, que algún director ou algunha produtora conte comigo para traballar xa en ámbitos profesionais.